Nacín nunha pequena aldea do Concello de Cervo (Lugo), chamada Espiñerido. Son Licenciado en Dereito e doutorando na Área de Dereito Administrativo da Facultade de Dereito da UDC. Exerzo como avogado nun despacho de A Coruña. No eido literario, foronme concedidos algúns premios -Premio Literario da Mariña nos anos 1998, 1999 e 2000; 2º Premio Literario Ánxel Casal, categoría de poesía, no ano 2000; 2º Premio de Poesía "Díaz Jácome" para novos creadores no 2003; 1º Premio de Poesía "Díaz Jácome" para novos creadores nos anos 2004, 2005 e 2010-. No tocante ás miñas publicacións, o meu poemario "Primeria Creación" foi editado polo Concello de Santiago nunha antoloxía dos Premios Ánxel Casal. Tamén se poden atopar publicados dous microrelatos meus nos relatos de verán de La Voz de Galicia e un no xornal "El Progreso" de Lugo. Colaborei e colaboro na revista anual da "Queimada Popular de Cervo" con diversos poemas, Finalmente, fun guionista e director da representación da "Queimada Popular de Cervo" desde o 2004 ata o 2008.